+34 981 34 03 66 cultura.deportes@fene.gal

Actividades

EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO “CENTENARIO DAS ESCOLAS DE INSTRUCCIÓN DOS NATURALES DEL AYUNTAMIENTO DE FENE” 

Na Casa da Cultura do 23 de novembro ao 16 de decembro

Inauguración: 23 de novembro ás 20.00 h

Horario:

Luns a venres: 10.00 a 13.00 h I 16.00 h a 21.00 h

Sábados: 10.00 a 13.00 h

Domingos e festivos: pechado

Comisario:

Guillermo Llorca Freire

CONFERENCIAS SOBRE AS SOCIEDADES DE INSTRUCIÓN E AS ESCOLAS DE EMIGRANTES

Na Casa da Cultura ás 20.00 h. 

Xoves, 24 de novembro

Conferencia de Guillermo Llorca Freire “As sociedades de Instrución de Fene e as escolas de emigrantes no seu centenario”

Martes, 29 de novembro

Conferencia de Juan A. Carneiro Rey “As Sociedades de Instrución de Mugardos”

Mércores, 30 de novembro

Conferencia de Ernesto López Naveiras

“A Alianza Aresana e a Sociedade de Instrución de Redes-Camouco”

RECOMPILACIÓN ARQUIVO GRÁFICO

AS FOTOGRAFÍAS DAS ESCOLAS DE ANTONTE, ONTE E HOXE 

  • Dende o 18 de novembro até o 22 de decembro, nos centros de ensino de Fene, farase un chamamento ao alumnado para que traia fotografías escolares dos seus avós/avoas, pai/nai e do propio/a alumno/a.
  • O centro procederá a dixitalizar as fotografías e a entregalas en formato JPG, debidamente identificadas (un cartafol por cada neno/a coas fotografías del/dela e dos seus ascendentes), no Departamento de Cultura á volta das vacacións de Nadal. As fotografías hanse publicar en formato dixital en páxina web.

DIXITALIZACIÓN E EDICIÓN DE DVD

Contén unha historia visual sobre as Escolas de Emigrantes da comarca, con entrevistas a algúns dos seus protagonistas. Este contido visionarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene mentres dure a exposición.

O Concello agasallará con este DVD aos centros de ensino de Fene, ademais de se poder solicitar en réxime de préstamo na Biblioteca Municipal.

Recreación ‘Fene Indiano’ polos centros escolares 

Inauguración da exposición

Visita guiada á exposición da man de Emilio Balado

Colabora: Comunidade educativa dos centros de Fene [CEIP O Ramo, Os Casais e Centieiras; CPR Jorge Juan de Perlío; CPI A Xunqueira e IES de Fene]